Informes de Igualdade
Nesta sección pódense atopar diferentes informes de interese sobre a igualdade de xénero.
A (des)igualdade entre homes e mulleres no mercado laboral: a segregación vertical e horizontalLa (des)igualdad entre hombres y mujeres en el mercado laboral: la segregación vertical y horizontal
Neste informe extráese unha conclusión interesante: unha maior preparación das mulleres en termos educativos, é dicir, un maior nivel educativo, non reduce a fenda salarial entre homes e mulleres.
Igualdade de xénero no mercado laboral: retos e cambio institucional
Trata temas como os indicadores de desigualdade de xénero no mercado laboral (fenda salarial, teito e parede de cristal). Demóstrase empiricamente a existencia de diferenzas tanto no nivel de ocupación de postos de responsabilidade como no nivel salarial.
Para acometer o traballo, fíxose uso dunha mostra de 43.850 mulleres e homes traballadores en 35 países europeos. Conclúese, e demóstrase, que aínda existe unha desigualdade real en España e Europa.
As mulleres cobran un 15% menos que os homes en España
Ademais de mencionar a desigualdade salarial que existe en termos cuantitativos, tamén amosa a desigualdade en termos de dedicación a tarefas de coidado ou traballo doméstico non remunerado.
Novidades europeas en materia de igualdade e transparencia salarial
Explicación das normas do marco lexislativo procedente da Unión Europea sobre transparencia retributiva.
Tamén menciona que os anuncios de vacantes e as denominacións de postos sexan neutros con respecto ao xénero.
La industria farmacéutica como líder en igualdad laboral
2 de cada 3 postos na área de I+D das compañías farmacéuticas están ocupados por mulleres, se ben é certo que aínda existe unha fenda do 10% en termos salariais.
A Xunta e Empresarias Galicia reforzan a alianza
O obxectivo é crear unha estratexia galega de emprego feminino en sectores masculinizados, buscando aumentar a presenza da muller en ámbitos onde a súa participación é menor, incluíndoa no tecido produtivo e na creación de novas oportunidades.
A igualdade salarial non chegará sen loitar
Neste artigo do Diari de Tarragona explícanse cales son as consecuencias da fenda salarial para as mulleres. Tamén a importancia de buscar fórmulas e propostas que permitan ir acurtando a devandita fenda.
A igualdade salarial avanza lentamente
O interese principal deste artigo radica nas diferentes percepcións existentes entre os diversos rangos de idade e xénero acerca da existencia, ou non, da fenda salarial. A través dos datos, permite reflectir como a sociedade percibe esta realidade.