O Observatorio

IQUAL CAMPUS é unha innovadora iniciativa transfronteiriza dedicada a mellorar a igualdade de xénero no ámbito laboral mediante a formación especializada.

Este proxecto, que abarca Galicia e o Norte de Portugal, ten como obxectivo capacitar a docentes, técnicos de igualdade e á sociedade en xeral, desenvolvendo un sistema formativo piloto que promove a inclusión efectiva da perspectiva de xénero en todas as actividades profesionais.

A través dun enfoque colaborativo e unha plataforma virtual accesible, IQUAL CAMPUS aspira a transformar a formación en igualdade laboral, establecendo un modelo replicable e transferible a outros contextos educativos.

Noso obxectivo

Crear un ecosistema innovador que promova a igualdade de xénero no ámbito laboral mediante formación e certificación. O noso programa capacita a docentes, técnicos/as de igualdade e á sociedade en xeral, mellorando a calidade e cobertura dos servizos formativos e contribuíndo a un contorno laboral máis equitativo e sostible.


Qué é o Observatorio Transfronteirizo?

O observatorio transfronteirizo é unha plataforma web que funciona como recurso de referencia para canalizar a información sobre igualdade laboral e fomentar o coñecemento da igualdade de xénero nos entornos de traballo, cunha visión e alcance transfronteirizo entre Galicia e Portugal.


Entre os obxectivos se atopa a realización do seguemento detallado da igualdade e impulsar a formación, identificando estudos, informes e formación especializada así como mellorar a difusión e o alcance das actuacións da SXERRLL e as entidades socias, ofrecendo un catálogo tanxible de actuacións en igualdade de xénero laboral.


Obxetivos principais do Observatorio

Aumento da información e o coñecemento dispoñible sobre as temáticas de igualdade

Entrega proactiva de información as persoas interesadas que así o autoricen

Aumento do grado de comunicación cos axentes interesados do sector

Maior coñecemento das políticas en materia de igualdade e das súas actuacións

Aumento da participación e recollida de propostas dos axentes do sector