Cargando eventos

Inicio curso – Docentes – O dereito á igualdade de trato

Este evento pasou.

Maio 4
  • FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
  • 04/05 ATA 05/06
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar ferramentas metodolóxicas e pedagóxicas para a integración da perspectiva de xénero interseccional no ensino, así como en empresas e outros grupos sociais e na actividade profesional da cidadanía en xeral.
    • Ofrecer formación para programar, elaborar e impartir actividades formativas dirixidas a promover a igualdade efectiva de trato e de oportunidades de mulleres e homes no emprego en todos os ámbitos.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.

  • COMPETENCIAS:
    1. Coñecer a evolución do concepto de xénero e de igualdade e non discriminación por razón de xénero.
    2. Identificar as distintas formas de discriminación e detectar as causas e manifestacións de discriminación máis habituais no traballo por razón de sexo e xénero e o seu impacto e consecuencias na contorna laboral, no acceso ao emprego, a clasificación profesional, a formación e promoción profesional e as condicións de traballo.
    3. Identificar as medidas, ferramentas e instrumentos máis axeitados para atallar calquera manifestación de discriminación por razón de xénero.
    4. Coñecer os recursos e instrumentos didáctico-pedagóxicos e de avaliación para programar, elaborar e impartir accións formativas de concienciación sobre a importancia da perspectiva de xénero interseccional na igualdade laboral adaptadas ao contexto e ás persoas destinatarias.
  • DOCENTES:
    • Dr. José Fernando Lousada Arochena
      • Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986). Graduado Social pola Escola Social de Santiago de Compostela (1982-1985). Diplomado en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986). Diploma de Estudos Avanzados en Dereito pola Universidade da Coruña (2008-2010). Doutor en Dereito con Premio Extraordinario pola tese “O principio de igualdade de mulleres e homes: en especial, no Dereito do Traballo e a Seguridade Social”, Universidade da Coruña (2010-2014); máxima nota sobresaliente cum laude; Premio Extraordinario Doutoramento Curso 2013-2014.
      • Maxistrado Especialista da Orde Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Etiquetas: