Cargando eventos

Inicio do curso – Sociedade – Os dereitos das persoas traballadoras

Outubro 19
  • FORMACIÓN ORIENTADA Á SOCIEDADE XERAL
  • 19/10 A 19/11
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Concienciar a sociedade en xeral sobre o impacto das violencias de xénero e das violencias sexuais nas desigualdades no ámbito laboral.
    • Proporcionar formación e información sobre os dereitos das vítimas de violencia de xénero e de violencias sexuais en materia laboral e de Seguridade Social, e sobre as medidas legais implementadas para paliar e reparar as consecuencias destas violencias na relación laboral.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

As persoas destinatarias deste programa serán:

    • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
    • Persoas traballadoras por conta propia
    • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

  • COMPETENCIAS:
    • Coñecer os conceptos de violencia de xénero e violencias sexuais e o seu impacto sobre o dereito á igualdade de trato e á non discriminación na relación laboral.
    • Coñecer os dereitos de atención integral ás vítimas de violencia de xénero e de violencias sexuais establecidos nas lexislacións española e portuguesa, na relación laboral e no ámbito funcionarial.
    • Coñecer os servizos e canles de denuncia previstos na normativa e nos protocolos internos das empresas e institucións e como utilizalos.
    • Analizar as medidas e accións legais de apoio e reparación ás vítimas de violencia de xénero e de violencias sexuais, en materia de contrato de traballo, condicións de traballo, conservación do emprego e Seguridade Social.
    • Localizar recursos complementarios implantados na negociación colectiva para previr, paliar e reparar o impacto da violencia de xénero e as violencias sexuais sobre a igualdade na relación laboral e o dereito á non discriminación.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Dr. Francisco Xabiere Gómez García
      • Doutor en Dereito pola Universidade de León, con mención internacional e cualificación sobresaliente cum laude, coa tese “A relación laboral ante a violencia de xénero: protección e carencias de atención”.
    • Alícia Wiedeman
      • Licenciada en Dereito. Posgrao en Socioloxía. Máster en Crime, Diferenza e Desigualdade.
      • (2020-2025) Técnica superior de prevención primaria da violencia e promoción dos dereitos humanos no marco do proxecto ART’THEMIS+ da UMAR (União de Mulheres Alternativa e Resposta)