A Xunta ultima a elaboración da primeira Lei de Violencia e Acoso Dixital a partir de testemuños reais das vítimas

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta mañá en Santiago de Compostela coa nai dunha menor de 12 anos que foi vítima de violencia dixital. Este encontro con testemuñas enmárcase na elaboración da primeira Lei nacional de Violencia e Acoso Dixital que impulsa la Xunta de Galicia.

Na reunión tamén estiveron presentes o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba; Graciela Pérez, axente do equipo de muller e menor da Garda Civil; Cristina Lage, a psicóloga que ofrece seguimento á familia da vítima; e Fernando Trueque, presidente da asociación Alar. O obxectivo, segundo recalcou a conselleira, é colaborar con todos os axentes sociais que traballan día a día na protección e detección destes delitos; así como na sensibilización da cidadanía.En la reunión también estuvieron presentes el director general de Lucha contra la Violencia de Género, Roberto Barba; Graciela Pérez, agente del equipo de mujer y menor de la Guardia Civil; Cristina Lage, la psicóloga que ofrece seguimiento a la familia de la víctima; y Fernando Trueque, presidente de la asociación Alar. El objetivo, según recalcó la conselleira, es colaborar con todos los agentes sociales que trabajan día a día en la protección y detección de estos delitos; así como en la sensibilización de la ciudadanía.

Fabiola García situou este encontro como esencial para “achegar a visión real das vítimas e o seu testemuño”, o que permite reforzar o texto normativo que vai sentar un precedente fronte aos delitos na rede. Deste xeito, a conselleira agradeceu “o valente paso adiante” dado por Judith de la Fuente, nai desta vítima de 12 anos, especialmente porque demostra que “a violencia dixital pode afectar a calquera persoa, especialmente á mocidade e ás mulleres”.

Neste sentido, a conselleira explicou que o obxectivo do Goberno galego é poñer en marcha a Lei canto antes, co obxectivo de que estea aprobada a finais deste mesmo ano. Ao respecto, avanzou que xa se comezaron a dar os primeiros pasos para ofrecer aos axentes sociais todas as ferramentas necesarias para asesorar e protexer as vítimas. Así pois, lembrou que neste mes de xuño a Xunta impulsou o primeiro plan de formación para o persoal técnico e que constitúe un dos piares fundamentais da futura norma.

Ademais, lembrou que a futura Lei de Violencia e Acoso Dixital ofrecerá un servizo de asesoramento gratuíto a todas as vítimas; un espazo virtual de información; o borrado da pegada dixital ou o desenvolvemento de programas de intervención psicopedagóxica para as condutas adictivas na rede.

Fonte:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/025798/xunta-ultima-elaboracion-primera-ley-violencia-acoso-digital-partir-testimonios