Cargando eventos

Inicio curso – Docentes – A perspectiva de xénero

Este evento pasou.

Maio 5
  • FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
  • 05/05 ATA 05/06
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar os coñecementos normativos necesarios para identificar os riscos asociados ao xénero no contexto da relación de traballo.
    • Ofrecer formación sobre as medidas axeitadas de prevención con perspectiva de xénero e sobre os protocolos para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.

  • COMPETENCIAS:
    1. Diferenciar o risco de accidente de traballo e enfermidade profesional por causas asociadas ao xénero.
    2. Identificar os riscos específicos de xénero, en especial os vinculados co acoso laboral, acoso sexual e acoso por razón de sexo.
    3. Deseñar medidas individualizadas de prevención dos distintos riscos vinculados ao xénero.
    4. Coñecer o marco legal aplicable aos protocolos de acoso obrigatorios na empresa, valorar a súa eficacia práctica na prevención e corrección de calquera tipo de acoso na relación laboral, e determinar o seu contido básico.
    5. Coñecer os servizos e canles de denuncia previstos na normativa e nos protocolos internos das empresas e institucións e como utilizalos.
    6. Recoñecer os riscos asociados ao embarazo, a maternidade, a lactación e situacións vinculadas a estes.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Dra. Amanda Moreno Solana
      • Doutora en Dereito. Profesora Permanente Laboral de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UNED.
    • Laura Falcão
      • Avogada.
      • Licenciada en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa.
      • Xefa de gabinete parlamentario na Asemblea da República.
      • Xurista de Inspiring Girls Portugal.

Etiquetas: