- FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
- 05/05 ATA 05/06
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Proporcionar os coñecementos normativos necesarios para identificar os riscos asociados ao xénero no contexto da relación de traballo.
- Ofrecer formación sobre as medidas axeitadas de prevención con perspectiva de xénero e sobre os protocolos para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.
- COMPETENCIAS:
- Diferenciar o risco de accidente de traballo e enfermidade profesional por causas asociadas ao xénero.
- Identificar os riscos específicos de xénero, en especial os vinculados co acoso laboral, acoso sexual e acoso por razón de sexo.
- Deseñar medidas individualizadas de prevención dos distintos riscos vinculados ao xénero.
- Coñecer o marco legal aplicable aos protocolos de acoso obrigatorios na empresa, valorar a súa eficacia práctica na prevención e corrección de calquera tipo de acoso na relación laboral, e determinar o seu contido básico.
- Coñecer os servizos e canles de denuncia previstos na normativa e nos protocolos internos das empresas e institucións e como utilizalos.
- Recoñecer os riscos asociados ao embarazo, a maternidade, a lactación e situacións vinculadas a estes.
- EQUIPO DOCENTE:
- Dra. Amanda Moreno Solana
- Doutora en Dereito. Profesora Permanente Laboral de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UNED.
- Laura Falcão
- Avogada.
- Licenciada en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa.
- Xefa de gabinete parlamentario na Asemblea da República.
- Xurista de Inspiring Girls Portugal.
- Dra. Amanda Moreno Solana

