- FORMACIÓN ORIENTADA A PERSOAL TÉCNICO
- 13/10 A 13/11
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Proporcionar técnicas e estratexias para incorporar a perspectiva de xénero en todas as facetas da relación laboral.
- Ofrecer formación para fomentar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no traballo, e para previr e erradicar a discriminación por razón de xénero en institucións e empresas.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas interesadas en adquirir capacitación certificada en igualdade de xénero laboral para desenvolver e implementar plans, estratexias e programas destinados a garantir a igualdade de trato e a non discriminación entre mulleres e homes no ámbito laboral público e privado.
- COMPETENCIAS:
-
- Caracterizar as modalidades de prexuízos de xénero e o seu efecto como causa de discriminación nas relacións laborais.
- Recoñecer os distintos tipos de discriminación que ocasionan desigualdades entre mulleres e homes na relación de traballo.
- Identificar medidas e accións instauradas na normativa vixente e na negociación colectiva para previr e corrixir desigualdades nas empresas e organizacións.
- Analizar o cometido dos plans de igualdade como resposta á discriminación na relación laboral por motivo de xénero.
- Planificar e elaborar estratexias de prevención e erradicación das discriminacións para promover a igualdade de trato e de oportunidades de mulleres e homes no ámbito laboral.
- DOCENTE:
- Dr. José Fernando Lousada Arochena
- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986). Graduado Social pola Escola Social de Santiago de Compostela (1982-1985). Diplomado en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986). Diploma de Estudos Avanzados en Dereito pola Universidade da Coruña (2008-2010). Doutor en Dereito con Premio Extraordinario pola tese “O principio de igualdade de mulleres e homes: en especial, no Dereito do Traballo e a Seguridade Social”, Universidade da Coruña (2010-2014); máxima nota sobresaliente cum laude; Premio Extraordinario Doutoramento Curso 2013-2014.
- Maxistrado Especialista da Orde Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- Dr. José Fernando Lousada Arochena

