Cargando eventos

Inicio do curso – Sociedade – O dereito á igualdade de trato

Outubro 16
  • FORMACIÓN ORIENTADA Á SOCIEDADE XERAL
  • 16/10 A 18/11
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Ofrecer formación e información sobre o impacto da discriminación no ámbito laboral.
    • Concienciar a poboación en xeral sobre as consecuencias da desigualdade entre homes e mulleres nas relacións laborais.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

As persoas destinatarias deste programa serán:

    • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
    • Persoas traballadoras por conta propia
    • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

  • COMPETENCIAS:
    • Coñecer a evolución do concepto de xénero e de igualdade de xénero.
    • Identificar as distintas formas de discriminación e coñecer as medidas, ferramentas e instrumentos máis adecuados para combater calquera manifestación de discriminación.
    • Coñecer as causas e manifestacións de discriminación máis habituais no traballo por razón de sexo, xénero, identidade e expresión de xénero e orientación sexual, así como o seu impacto e consecuencias no contorno laboral, no acceso ao emprego, na formación e promoción profesional e nas condicións de traballo.
  • DOCENTE:
    • Dr. José Fernando Lousada Arochena
      • Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986). Graduado Social pola Escola Social de Santiago de Compostela (1982-1985). Diplomado en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986). Diploma de Estudos Avanzados en Dereito pola Universidade da Coruña (2008-2010). Doutor en Dereito con Premio Extraordinario pola tese “O principio de igualdade de mulleres e homes: en especial, no Dereito do Traballo e a Seguridade Social”, Universidade da Coruña (2010-2014); máxima nota sobresaliente cum laude; Premio Extraordinario Doutoramento Curso 2013-2014.
      • Maxistrado Especialista da Orde Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.