- FORMACIÓN ORIENTADA Á SOCIEDADE XERAL
- 16/10 A 18/11
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Ofrecer formación e información sobre o impacto da discriminación no ámbito laboral.
- Concienciar a poboación en xeral sobre as consecuencias da desigualdade entre homes e mulleres nas relacións laborais.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
As persoas destinatarias deste programa serán:
-
- Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
- Persoas traballadoras por conta propia
- Persoas desempregadas ou estudantes
Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.
- COMPETENCIAS:
- Coñecer a evolución do concepto de xénero e de igualdade de xénero.
- Identificar as distintas formas de discriminación e coñecer as medidas, ferramentas e instrumentos máis adecuados para combater calquera manifestación de discriminación.
- Coñecer as causas e manifestacións de discriminación máis habituais no traballo por razón de sexo, xénero, identidade e expresión de xénero e orientación sexual, así como o seu impacto e consecuencias no contorno laboral, no acceso ao emprego, na formación e promoción profesional e nas condicións de traballo.
- DOCENTE:
- Dr. José Fernando Lousada Arochena
- Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1981-1986). Graduado Social pola Escola Social de Santiago de Compostela (1982-1985). Diplomado en Práctica Xurídica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985-1986). Diploma de Estudos Avanzados en Dereito pola Universidade da Coruña (2008-2010). Doutor en Dereito con Premio Extraordinario pola tese “O principio de igualdade de mulleres e homes: en especial, no Dereito do Traballo e a Seguridade Social”, Universidade da Coruña (2010-2014); máxima nota sobresaliente cum laude; Premio Extraordinario Doutoramento Curso 2013-2014.
- Maxistrado Especialista da Orde Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
- Dr. José Fernando Lousada Arochena

