A Organización Internacional do Traballo (OIT) publicou en 2026 o informe Towards Pay Equity, no que analiza a situación da fenda salarial entre mulleres e homes a nivel mundial.
O informe estima que as mulleres que traballan por conta allea gañan de media un 20 % menos que os homes a nivel mundial. Esta desigualdade non se explica unicamente polas diferenzas salariais dentro dun mesmo posto, senón tamén por factores como a segregación ocupacional, a concentración das mulleres en empregos peor remunerados e as interrupcións das traxectorias profesionais.
A situación é especialmente desfavorable para as mulleres con fillos, que afrontan unha maior penalización económica. Neste sentido, ONU Mulleres sinalou en 2026 que a denominada «penalización por maternidade» continúa sendo un dos principais factores detrás da fenda salarial, xa que a chegada dos fillos pode ter un impacto negativo desproporcionado sobre os ingresos e as oportunidades profesionais das mulleres.
O informe pon de manifesto a necesidade de seguir avanzando en igualdade salarial, transparencia retributiva, corresponsabilidade e políticas de conciliación para reducir as desigualdades estruturais que persisten no mercado laboral.
Informe completo: Towards Pay Equity – Organización Internacional del Trabajo (OIT)
Fontes: