Cargando eventos

Inicio curso – Docentes – Conciliación corresponsable

Este evento pasou.

Xuño 1
  • FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
  • 01/06 ATA 10/07
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar ferramentas metodolóxicas e pedagóxicas para a implantación da corresponsabilidade en calquera ámbito.
    • Ofrecer formación para concienciar á cidadanía en xeral e a integrantes de institucións, empresas e outros grupos sociais sobre o impacto da corresponsabilidade na igualdade de xénero laboral.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.

  • COMPETENCIAS:
    1. Coñecer a diferenza entre conciliación e corresponsabilidade e a súa repercusión sobre a igualdade de xénero no ámbito laboral.
    2. Adquirir ferramentas pedagóxicas e metodolóxicas para o ensino da corresponsabilidade.
    3. Adquirir a capacidade de analizar as desigualdades e discriminacións nos diferentes sectores profesionais e de identificar estratexias para atallalas en cada situación.
    4. Coñecer as medidas de fomento da corresponsabilidade recollidas na lexislación para promover a igualdade de xénero no ámbito laboral e poder aplicalas de maneira correcta.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Márcia Cristina Matos dá Cunha Amorim
      • Doutoranda en Creatividade e Innovación Social e Sostible. Formación en Igualdade de Xénero. Diversos cursos de formación en conciliación da vida laboral, persoal e familiar, entre eles o de NP4552.
    • Emma Rodríguez Rodríguez
      • Doutora en Dereito. Profesora Titular (acreditada a Catedrática) da Universidade de Vigo.
    • Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo
      • Doutora en Dereito. Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.
    • Jorge Manuel Cerqueira Nande
      • Avogado e mediador familiar.

Etiquetas: