Cargando eventos

Inicio curso – Docentes – O plan de igualdade

Este evento pasou.

Setembro 14
  • FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
  • 14/09 ATA 14/10
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar as ferramentas e coñecementos normativos necesarios para elaborar, negociar, deseñar y
      e evaluar un plan de igualdade efectivo acorde á normativa vixente nas zonas transfronteirizas de Galicia e Norte de Portugal.
    • Transmitir a formación e as estratexias metodolóxicas para instruír á cidadanía en xeral e a integrantes de institucións, empresas e outros grupos sociais sobre o concepto e elaboración do plan de igualdade.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.

  • COMPETENCIAS:
    1. Delimitar os supostos de obrigatoriedade de ter un plan de igualdade e determinar a formación e experiencia exixibles aos membros da Comisión Negociadora.
    2. Realizar o diagnóstico de situación nunha empresa ou organización e identificar áreas de mellora en materia de igualdade de xénero.
    3. Establecer os obxectivos, deseñar medidas específicas para logralos e determinar os recursos necesarios para a implementación práctica dun plan de igualdade.
    4. Coñecer o procedemento de rexistro do plan de igualdade ante a autoridade laboral e como efectualo.
    5. Coñecer os aspectos clave para implantar un sistema de seguimento e avaliación para verificar a efectividade das medidas adoptadas, e realizar as avaliacións intermedias e a avaliación final sobre a execución do plan.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Dra. Patricia Nieto Rojas
      • Profesora Titular de Universidade da UNED
    • Vanessa Pereira
      • Máster en Estudos sobre a Muller: xénero, cidadanía e desenvolvemento
      • Formadora/consultora en igualdade de xénero, inclusión e non discriminación
      • Psicóloga en proxectos comunitarios de loita contra a violencia de xénero e promoción e protección dos dereitos dos nenos na Oficina de Atención á Familia