Cargando eventos

Inicio curso – Técnico/a – A perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais

Novembro 2
  • FORMACIÓN ORIENTADA A PERSOAL TÉCNICO
  • 02/11 A 01/12
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar os coñecementos normativos necesarios para identificar os riscos asociados ao xénero no contexto da relación de traballo.
    • Ofrecer formación sobre as medidas axeitadas de prevención con perspectiva de xénero e sobre os protocolos para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo ou xénero.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas interesadas en adquirir capacitación certificada en igualdade de xénero laboral para desenvolver e implementar plans, estratexias e programas destinados a garantir a igualdade de trato e a non discriminación entre mulleres e homes no ámbito laboral público e privado.

  • COMPETENCIAS:
    1. Detectar riscos de enfermidade profesional e accidente de traballo asociados ao xénero e deseñar técnicas e estratexias axeitadas de prevención e protección.
    2. Identificar enfermidades prevalentes e riscos específicos vinculados ao xénero e/ou ligados a actividades feminizadas e ignorados en profesións masculinizadas para implementar medidas preventivas eficaces e especializadas.
    3. Identificar os aspectos claves para deseñar os protocolos de prevención, reacción e corrección do acoso sexual, do acoso por razón de sexo, identidade ou expresión de xénero e orientación sexual no ámbito laboral, e planificar e aplicar programas de intervención con agresores para evitar a súa reiteración.
    4. Asesorar ás persoas traballadoras sobre os servizos e canles de denuncia previstos na normativa vixente e nos protocolos internos das empresas e institucións.
    5. Coñecer os plans dirixidos a previr os riscos laborais vinculados ao embarazo, a maternidade e a lactación.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Dra. Amanda Moreno Solana
      • Doutora en Dereito. Profesora Permanente Laboral de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UNED.
    • Laura Falcão
      • Avogada.
      • Licenciada en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa.
      • Xefa de gabinete parlamentario na Asemblea da República.
      • Xurista de Inspiring Girls Portugal.