- FORMACIÓN ORIENTADA A PERSOAL TÉCNICO
- 12/05 A 12/06
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Proporcionar os coñecementos normativos necesarios para identificar os riscos asociados ao xénero no contexto da relación de traballo.
- Ofrecer formación sobre as medidas axeitadas de prevención con perspectiva de xénero e sobre os protocolos para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo ou xénero.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas interesadas en adquirir capacitación certificada en igualdade de xénero laboral para desenvolver e implementar plans, estratexias e programas destinados a garantir a igualdade de trato e a non discriminación entre mulleres e homes no ámbito laboral público e privado.
- COMPETENCIAS:
-
- Detectar riscos de enfermidade profesional e accidente de traballo asociados ao xénero e deseñar técnicas e estratexias axeitadas de prevención e protección.
- Identificar enfermidades prevalentes e riscos específicos vinculados ao xénero e/ou ligados a actividades feminizadas e ignorados en profesións masculinizadas para implementar medidas preventivas eficaces e especializadas.
- Identificar os aspectos claves para deseñar os protocolos de prevención, reacción e corrección do acoso sexual, do acoso por razón de sexo, identidade ou expresión de xénero e orientación sexual no ámbito laboral, e planificar e aplicar programas de intervención con agresores para evitar a súa reiteración.
- Asesorar ás persoas traballadoras sobre os servizos e canles de denuncia previstos na normativa vixente e nos protocolos internos das empresas e institucións.
- Coñecer os plans dirixidos a previr os riscos laborais vinculados ao embarazo, a maternidade e a lactación.
- EQUIPO DOCENTE:
- Dra. Amanda Moreno Solana
- Doutora en Dereito. Profesora Permanente Laboral de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UNED.
- Laura Falcão
- Avogada.
- Licenciada en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa.
- Xefa de gabinete parlamentario na Asemblea da República.
- Xurista de Inspiring Girls Portugal.
- Dra. Amanda Moreno Solana

