Cargando eventos

Inicio do curso – Sociedade – A perspectiva de xénero

Este evento pasou.

Maio 19
  • FORMACIÓN ORIENTADA Á SOCIEDADE EN XERAL
  • 19/05 A 19/06
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar os coñecementos normativos necesarios para identificar os riscos asociados ao xénero no contexto da relación de traballo.
    • Ofrecer formación sobre as medidas axeitadas de prevención con perspectiva de xénero e sobre os protocolos para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:

As persoas destinatarias deste programa serán:

    • Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
    • Persoas traballadoras por conta propia
    • Persoas desempregadas ou estudantes

Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.

  • COMPETENCIAS:
    • Diferenciar o risco de accidente de traballo e enfermidade profesional por causas asociadas ao xénero.
    • Identificar os riscos específicos de xénero, especialmente os vinculados ao acoso sexual, ao acoso por razón de sexo, identidade sexual, expresión de xénero e orientación sexual.
    • Coñecer as medidas individualizadas de prevención dos distintos riscos vinculados ao xénero.
    • Coñecer o marco legal aplicable aos protocolos obrigatorios de acoso discriminatorio na empresa, valorar a súa eficacia práctica na prevención e corrección de calquera tipo de acoso na relación laboral e analizar o seu contido básico.
    • Coñecer os servizos e canles de denuncia previstos na normativa e nos protocolos internos das empresas e institucións e como utilizalos.
    • Recoñecer os riscos asociados ao embarazo, a maternidade, a lactación e situacións vinculadas a estes.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Dra. Amanda Moreno Solana
      • Doutora en Dereito. Profesora Permanente Laboral de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UNED.
    • Laura Falcão
      • Avogada.
      • Licenciada en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa.
      • Xefa de gabinete parlamentario na Asemblea da República.
      • Xurista de Inspiring Girls Portugal.

Etiquetas: