Cargando eventos

Inicio curso – Docentes – O dereito á retribución correspondente

Este evento pasou.

Setembro 19
  • FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
  • 19/09 A 19/10
  • OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
    • Proporcionar coñecementos e información sobre as distintas modalidades de desigualdade e discriminación retributiva das persoas traballadoras por razón de xénero desde unha perspectiva interseccional.
    • Ofrecer formación sobre as causas da discriminación retributiva e sobre as medidas legais para a súa prevención e erradicación.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    • Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
    • Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.
  • COMPETENCIAS:
    • Distinguir salario de retribución.
    • Diferenciar os supostos de desigualdade retributiva dos constitutivos de discriminación.
    • Distinguir os supostos de discriminación interseccional, múltiple ou por asociación.
    • Detectar os estereotipos subxacentes á infravaloración do traballo feminizado.
    • Identificar os estereotipos descendentes da segregación horizontal do traballo.
    • Identificar os estereotipos desencadeantes da segregación vertical do traballo.
    • Distinguir os supostos de discriminación directa dos constitutivos de discriminación indirecta.
    • Recoñecer as condicións educativas, profesionais, formativas ou laborais cuxa exixencia determine a existencia de traballos de igual valor.
    • Identificar os factores non considerados na valoración dos postos de traballo.
    • Coñecer o concepto e contido dos instrumentos destinados a dotar de efectividade o dereito á igualdade retributiva.
    • Determinar os supostos onde tales instrumentos son de obrigada aplicación.
  • EQUIPO DOCENTE:
    • Pablo Gimeno Díaz de Atauri
      • Profesor Permanente Laboral da Universidade Complutense de Madrid (acreditado a Titular de Universidade).
      • Licenciado en Dereito e Económicas pola Universidade Carlos III de Madrid. Doutor en Dereito pola Universidade Carlos III de Madrid.
    • Rita Carina dos Reis Felizardo
      • Licenciada em Educação e Intervenção Comunitária.
      • Pós-graduada en “Proteção de Menores””

Etiquetas: