- FORMACIÓN ORIENTADA A DOCENTES
- 05/10 A 05/11
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Proporcionar ferramentas educativas e metodolóxicas para sensibilizar sobre o impacto do acoso, as violencias de xénero e as violencias sexuais nas desigualdades no ámbito laboral.
- Dar a coñecer os dereitos das vítimas de violencia de xénero e das violencias sexuais en materia laboral e de seguridade social, e as medidas legais implementadas para paliar e reparar as consecuencias de ditas violencias na relación laboral.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas interesadas en adquirir formación metodolóxica acreditada para desenvolver e impartir actividades formativas de igualdade de xénero laboral á sociedade xeral en diversos ámbitos, tanto no ensino regrado como na formación non formal en entidades, institucións e organismos públicos ou privados.
Sinalar que é recomendable que as persoas interesadas dispoñan de experiencia previa impartindo contidos e materias relacionadas coa igualdade.
- COMPETENCIAS:
-
- Definir os elementos que configuran os conceptos de violencia de xénero e violencias sexuais e o seu impacto sobre o dereito á igualdade de trato e non discriminación na relación de traballo.
- Identificar os dereitos de atención integral ás vítimas de violencia de xénero e de violencias sexuais establecidos nas lexislacións española e portuguesa, na relación laboral e no ámbito funcionarial.
- Coñecer os servizos e canles de denuncia previstos na normativa e nos protocolos internos das empresas e institucións e como utilizalos.
- Analizar e aplicar as medidas e accións legais de apoio e reparación ás vítimas de violencia de xénero e de violencias sexuais, en materia de contrato de traballo, condicións de traballo, conservación do emprego e seguridade social.
- Localizar recursos complementarios implantados na negociación colectiva para previr, paliar e reparar o impacto da violencia de xénero e as violencias sexuais sobre a igualdade na relación laboral e o dereito á non discriminación.
- Planificar e deseñar recursos pedagóxicos para instruír ao alumnado na aplicación práctica das medidas de protección e reparación das vítimas de violencia exercida sobre as mulleres.
- EQUIPO DOCENTE:
- Dr. Francisco Xabiere Gómez García
- Doutor en Dereito pola Universidade de León, con mención internacional e cualificación sobresaliente cum laude, coa tese “A relación laboral ante a violencia de xénero: protección e carencias de atención”.
- Alícia Wiedeman
- Licenciada en Dereito. Posgrao en Socioloxía. Máster en Crime, Diferenza e Desigualdade.
- Técnica superior de prevención primaria da violencia e promoción dos dereitos humanos no ámbito do proxecto ART’THEMIS+ da UMAR (União de Mulheres Alternativa e Resposta).
- Dr. Francisco Xabiere Gómez García

