- FORMACIÓN ORIENTADA A PERSOAL TÉCNICO
- 21/09 A 23/10
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Proporcionar coñecementos normativos e prácticos para a implantación da corresponsabilidade en empresas e organizacións.
- Ofrecer formación para proxectar medidas e instrumentos efectivos para reducir as desigualdades no ámbito laboral, derivadas dos desequilibrios de asunción de responsabilidades familiares.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
Persoas interesadas en adquirir capacitación certificada en igualdade de xénero laboral para desenvolver e implementar plans, estratexias e programas destinados a garantir a igualdade de trato e a non discriminación entre mulleres e homes no ámbito laboral público e privado.
- COMPETENCIAS:
- Coñecer a normativa reguladora das medidas de fomento da corresponsabilidade nas lexislacións portuguesa e española, e as dificultades para a súa aplicación práctica.
- Detectar desigualdades derivadas da diferente asunción de responsabilidades familiares por mulleres e homes e a súa repercusión na carreira profesional.
- Elaborar e apoiar na implementación de plans de corresponsabilidade no ámbito laboral, adecuando a situacións concretas as medidas previstas na regulación positiva e as melloras incorporadas en materia de corresponsabilidade pola negociación colectiva.
- Deseñar campañas de concienciación e formación en corresponsabilidade para a súa impartición en empresas, institucións e organizacións.
- Coñecer as fórmulas, ferramentas e alternativas de traballo flexible previstas na lexislación, na negociación colectiva e na xurisprudencia, para aplicalas e adecualas a situacións e sectores diversos.
- EQUIPO DOCENTE:
- Dra. Emma Rodríguez Rodríguez
- Doutora en Dereito. Profesora Titular (acreditada a Catedrática) da Universidade de Vigo.
- Dra. Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo
- Doutora en Dereito. Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.
- Márcia Cristina Matos da Cunha Amorim
- Doutorada en Creatividade, Innovación Social e Sostibilidade. Formación en Igualdade de Xénero.
- Dra. Emma Rodríguez Rodríguez

