- FORMACIÓN ORIENTADA Á SOCIEDADE XERAL
- 09/11 A 09/12
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Proporcionar os coñecementos normativos necesarios para identificar os riscos asociados ao xénero no contexto da relación de traballo.
- Ofrecer formación sobre as medidas axeitadas de prevención con perspectiva de xénero e sobre os protocolos para a prevención do acoso sexual e do acoso por razón de sexo.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
As persoas destinatarias deste programa serán:
-
- Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
- Persoas traballadoras por conta propia
- Persoas desempregadas ou estudantes
Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.
- COMPETENCIAS:
- Diferenciar o risco de accidente de traballo e enfermidade profesional por causas asociadas ao xénero.
- Identificar os riscos específicos de xénero, especialmente os vinculados ao acoso sexual, ao acoso por razón de sexo, identidade sexual, expresión de xénero e orientación sexual.
- Coñecer as medidas individualizadas de prevención dos distintos riscos vinculados ao xénero.
- Coñecer o marco legal aplicable aos protocolos obrigatorios de acoso discriminatorio na empresa, valorar a súa eficacia práctica na prevención e corrección de calquera tipo de acoso na relación laboral e analizar o seu contido básico.
- Coñecer os servizos e canles de denuncia previstos na normativa e nos protocolos internos das empresas e institucións e como utilizalos.
- Recoñecer os riscos asociados ao embarazo, a maternidade, a lactación e situacións vinculadas a estes.
- EQUIPO DOCENTE:
- Dra. Amanda Moreno Solana
- Doutora en Dereito. Profesora Permanente Laboral de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UNED.
- Laura Falcão
- Avogada.
- Licenciada en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa.
- Xefa de gabinete parlamentario na Asemblea da República.
- Xurista de Inspiring Girls Portugal.
- Dra. Amanda Moreno Solana

