- FORMACIÓN ORIENTADA Á SOCIEDADE XERAL
- 21/09 A 23/10
- OBXECTIVOS XERAIS DA ACCIÓN FORMATIVA:
- Concienciar a sociedade en xeral sobre a importancia do exercicio corresponsable dos dereitos e da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
- Proporcionar formación e información sobre o impacto da corresponsabilidade na igualdade de xénero laboral.
- PERSOAS DESTINATARIAS:
As persoas destinatarias deste programa serán:
-
- Persoal técnico e directivo de empresas, organizacións e institucións públicas ou privadas
- Persoas traballadoras por conta propia
- Persoas desempregadas ou estudantes
Todas elas con interese e/ou necesidade de adquirir formación en materia de igualdade de xénero laboral e igualdade de oportunidades.
- COMPETENCIAS:
- Coñecer a diferenza entre conciliación e corresponsabilidade e a súa repercusión sobre a igualdade de xénero no ámbito laboral.
- Coñecer as medidas de fomento da corresponsabilidade recollidas na lexislación para promover a igualdade de xénero no ámbito laboral.
- Coñecer as fórmulas, ferramentas e alternativas de traballo flexible previstas no ordenamento xurídico.
- EQUIPO DOCENTE:
- Dra. Emma Rodríguez Rodríguez
- Doutora en Dereito. Profesora Titular (acreditada a Catedrática) da Universidade de Vigo.
- Dra. Rosa María Rodríguez Martín-Retortillo
- Doutora en Dereito. Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.
- Márcia Cristina Matos da Cunha Amorim
- Doutorada en Creatividade, Innovación Social e Sostibilidade. Formación en Igualdade de Xénero.
- Dra. Emma Rodríguez Rodríguez

